Identifique a cadencia premendo no botón que teña o seu nome. Tal e como se recoñece en bug #5 precisamos exercicios de cadencia no Solfege.
Nesta versión do Solfege, só temos un exercicio con cadencias maiores, nel reprodúcese unha escala maior para estabelecer a tónica. Será suficiente con iso? Precisamos un I-IV-V-I antes da pregunta? Ou será mellor escribir música real que remate na cadencia que queremos practicar? Estas son cousas que temos que decidir antes de lanzar a versión 3.12.0. Pódense engadir comentarios e música en bug #5.